No cubo da fregona (versión feminista da boca do lobo)

Ouvea o fairy dende o fondo do cubo
afogo, afogo, afogo!
Ninguén escoita, as peluxes da fregona
camúflanse cos seus cabelos
e aprauden as súas novas mechas
“ei! séntanche ben, pareces unha modelo”
e limpa o chan cun sorriso, mentras pensa
“vallo un pouquiño máis, aseméllome ás da propaganda”
e o chan queda brillante, a louza, as camas, os nenos
todo queda brillante mentres as súas mans, cheas de fairy
liman as durezas da alma, lamenta
que as unllas non sexan vermellas, francesas ou de porcelana
pero coa maquillaxe ensinárolle a camuflarse nunha boneca
o cal, dinlle, non está demasiado mal
e mentras saca brillo os moretóns, pensa e dinlle
dinlle o que pensa,
pensa o que lle din,
“ai, se usara unha trintaeoito, ia ser feliz!”
e é que onte na tenda non topou roupa do seu talle
onte sacoulle brillo as bágoas e a carteira
mentras se facía pequeniña pequeniña vendo como os complexos comíana no probador
pero ela sentíase enorme, só no mal sentido
e o chegar a casa sentiu de novo algo enorme, chamado maltrato
e as mans tiñan demasiado fairy para poder protexerse,
esvaraban no perfecto fillo do patriarcado mentres a vida dela esvaraba nas del
e pompiñas con firma disney frotaban o seu redor
e ela gritaba
dende o fondo do cubo da fregona
afogo, afogo, afogo!
Pero todos estabamos demasiado ocupados vendendo botes de xabón.

Comentarios

Entradas populares